domingo, 20 de mayo de 2007

Época de festis...

A punto(bueno,non tanto) de estrear a estación estival empezamos a ver a grande variedade de festivais que se estenden ó longo e ancho do territorio.Hai de tódolos gustos , de tódalas calidades,de tódolos xéneros...Neste post vou mencionar os que,dalgunha maneira ou doutra,espertan o meu interese ou o meu desagrado.

Vou comezar falando do Festival Internacional de Benicássim que ,hoxe por hoxe,é o festival mellor considerado de música internacional(porque xa sabemos todos que para música nacional está o Viñarock que curiosamente se celebrou este ano tamén na cidade levantina-máis info en liadia).

Como actuacións interesantes(sempre dende o meu punto de vista) podo destacar a dos rapaces de Devon,MUSE,que de seguro darán un bo concerto-daquela xa terán vido do CONCERTO de inauguración do Estadio de Wembley no que teñen dúas noites seguidas co cartel colgado de sold out.Outros a destacar son os Mando Diao(grupo que descubrín este ano e encántanme) , Artic Monkeys (o seu último disco non me gustou tanto como o primeiro e aclamadísimo "Whatever People say I am,that's what I'm not") , The Klaxons presentando(un pouco tarde o seu disco Myths of the Near Future,ou o cantante norteamericano considerado un dos mellores letristas da actulidade Rufus Wainwright que descubrín fai nada e a verdade é que ten unhas escoitas moi moi agradables.Outros que sería interesante ver son:Anthony & the Johnsons,The magic Numbers ou !!! .

Outro festival que,polo seu cartel,merece moito a pena é o Summercase.É o festival que se fai simultáneamente en Madrid e Barcelona,alternando os días,evidentemente.Mentres que en Madrid este evento lévase a cabo no concello de Boadilla del Monte, en Barcelona daráselle uso ó Parc del Fórum.

Hai bandas moi atractivas e que non son das que veñen habitualmente.Falo de grupos como os canadienses The Arcade Fire,que despois da aparición da xoia "Funeral" aparecen de novo con "Neon Bible" no que experimentan máis dentro do seu son moi identificable, ou a banda The Flaming Lips na que os irmáns Coyne seguen dando que falar despois de máis de 20 anos de andaina.Como os máis destacables,ademáis dos mencionados, están os Kaiser Chiefs(aínda non lles escoitei o disco),LCD Soundsystem,Bloc Party,PJ Harvey ou o ex-líder da banda británica Pulp,Jarvis Cocker(que presenta o seu primeiro disco en solitario jarvis).

Tamén no Parc del Fórum se fará o Primavera Sound a finais de este mes.Moitas das bandas que aparecen no cartel son bandas que acuden ós festis que mencionei antes.Anque hai varias bandas que merecen a pena ver.Sólo por The Smashing Pumpkins(parece que Billy Corgan intenta buscar a estabilidade musical despois do malogrado proxecto Zwan que nin chegou a ter unha posta en directo) ,Sonic Youth,ou The White Stripes xa merece a pena.Tamén se verán bandas interesantísimas como os americanos Of Montreal(que despois de escoitalos en radio 3 no programa siglo 21 captaron a miña atención).

Como a parte negativa dos festivais está a edición deste ano do Festimad,ou como xa foi nomeado como Festimomad.Despois de meses dunha intensa publicidade que creou falsas esperanzas cerrouse fai pouco un cartel que brilla polas suas carencias.O único atractivo(sempre dende o meu punto de vista) é a presencia de Pearl Jam e de Anathema,xa que do resto só teño que dicir que a presencia de Slayer,banda que ademáis de estar no 2005 non causou demasiado furor xa que o día que tocaban a maior atracción era Marilyn Manson e os góticos Nightwish.Chégame con coñecer as opinións da xente que ten a entrada e que se sinte"medio-estafado".

Estoume deixando,lóxicamente, moitos festivais no tinteiro como o festival do Noroeste en Vilagarcía,... pero xa se sabe que para as cousas que un se esquece están os comentarios dos visitantes do blog.