martes, 22 de julio de 2008

Balance do 1º mes de Verán 2008

A día 22 de Xullo,a 3 do Apóstolo , xa se pode ir facendo un balance do que aconteceu neste tercio do verán.Sen ter en conta os logros deportivos da selección española de fútbol(tamén xa era hora,sempre eran os eternos candidatos) e do tenista Rafa Nadal (éste si que é un crack) hai varias cousiñas que hai que salientar a nivel frikal/cultura .Todos éstes son eventos ós que eu asistín ou quixen pero non puiden.Para mín a primeira historia veraniega que fixen foi,por mor dos exames da oposición(eso xa é outra historia) , o festival Cultura Quente de Caldas de Reis onde tiven a oportunidade de ver un conxunto de actuacións realmente bo e esperado.Refírome ó concerto de The Sunday Drivers , Vetusta Morla e Deluxe.A este(s) último(s) xa o(s) vira e a verdade é que é un directo máis que recomendable tanto pola calidade musical como pola posta en escena.Anque a grande sorpresa foi ,tanto The Sunday Drivers coma Vetusta Morla.Os primeiros cun directo impecable con un toque californiano deixáronme un moi bo sabor de boca xa que ademáis de ser os primeiros grandes dese día tiñan o beneplácito do público que dende o principio recibiunos moi calurosamente.Para mín , de todas maneiras , "o concerto" desa noite foi o dos madrileños Vetusta Morla , que co seu rock a cabalo entre OK Computer e Amnesiac de Radiohead,pero en español , deixáronme abraiado por dous motivos.O primeiro, que cun disco autoproducido con menos de 5 meses de vida consigan o apoio do público tendo un apoio,vaia a redundancia, mediático nulo xa é bastante e que por enriba saian tan airosos paréceme acojonante.Despois desto só podo dicir bravo rapaces!!!
Unha semana despois íamos ir ó festival de Noia ,o MARDEFONDO , no que ademáis de Deluxe e Vetusta Morla estaba o que no San Roque tocará en Melide , Ivan Ferreiro presentando o seu último traballo "Mentiroso Mentiroso".Pero por un malentendido,pola miña parte, nos horarios non poidemos asistir.Mellor olvidalo...
Pero o que son as cousas,o feito de non ir a Noia propiciou o feito de asistir ó triple concerto que Miguel nos ofrecía na Sala 600.Noite de Punk-Rock en toda regla.Cos grupos do Deza :Skarmento e Ultima Sakudida a veada tomou forma co concerto esperado,Alterazión del Orden , a nova banda formada en Melide alá polo 2007 coa incorporación na voz de Rubén(TNT , Porka Miseria) .
Hai que dicir que os ollos estaban postos en Rubio,e con creces deixou o pavillon ben alto.

Outros acontecementos importantes foi o concerto de Marcos Teira de Flamenco fusión que a verdade foi unha delicia de concerto.Coma sempre o público fallou.non eramos máis de 50 persoas alí no parque.
Por agora non hai moito máis que comentar , pola miña parte ,claro.Para calendario cultural está o blog de riki.Saúdos Riki.

1 comentario:

FIZ dijo...

PARABENS RUBIO,....
Tremendo artista que por fin nos amosa TODO o que leva dentro..