críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
martes, 25 de marzo de 2008
Amy Winehouse , brillante e polémica
O paso das décadas e a aparición de novos xéneros,fan que outros moitos dén a sensación de que non existen,ou están a piques de facelo.Esto sucede co soul,que a pesar de seguir existindo,era un xénero que carecía de un/ha representante nas primeiras filas da popularidade.Duns anos para aquí,surxiu en Londres , máis concretamente en Southgate , Amy Winehouse , que logo duns inicios no rap con 13 anos,comezou a tocar polos locais de Camden Town(ó norte de Londres).
Criada no seo dunha familia xudea e con certa afinidade ó Jazz , Amy comezou tocando a guitarra(supoño que dunha maneira moi superficial) anque non "dá o salto ó mundillo " ata que ,por mor de tocar en locais da capital inglesa e coñecer ó tamén londinense cantante Tyler James , chega unha maqueta dela a un productor que lle abre as portas á discográfica Island/Universal.Todo esto con 16 anos.
Xa con 20 , edita o seu primeiro álbum de estudio , Frank(2003) , que consegue espertar o interese da crítica , recibindo algún premio que outro.Tres anos despois , cunha certa seguridade trálo primeiro álbum , reaparece en 2006 co traballo que lle dá a popularidade no eido musical.Estou a falar do ,xa por vós coñecido , Back to Black(2006).You Know I'm no Good , ou Rehab , son temas que en España están empezando a soar(tede en conta que o que soa en Englaterra,a pesar da internet, sempre tarda un pouquiño en asentar aquí),anque xa fai máis dun ano que na illa británica soan estes temas na cadeas de radio.
Nos últimos anos , desgraciadamente , esta privilexiada está en boca de todos , pero non pola súa labor artística senón polos suas escaramuzas coas substancias tatyo legais coma ilegais que todos coñecemos.Despois de ser vetada nos U.S.A. e polo tanto "obrigada" a cantar vía satélite na gala dos Grammy, na cal foi a protagonista da noite polo case pleno que fixo no que a estatuíñas se refire , e ser lapidada polos medios polas súas adiccións , agora esta moza de 24 anos ingresou nunha clínica de desintoxicación e supostamente está saíndo .
O último que se sabe dela é que agora está a facer unha campaña de concienciación do cancro de mama na revista Easy Living , onde aparece espida tapando o xusto cunha guitarra e uns pezados de cinta adhesiva.
Anque ,sempre está rodeada de polemica , aquí vos deixo os dous discos de estudio e uns vídeos da artista en directo.
You Know I'm No Good (aquí a versión en acútico)
Rehab (aquí a versión en acústico)
Amy Winehouse - Frank (2003)
Amy Winehouse - Back to Black (2006)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario