
Pois sí,que pena.Despois dun mes no que o que imperou,alomenos na miña vida,foi a docencia,as vacacións,os reencontros e demáis,estas vacacións tiveron unha pequena mancha de tristura.
Se lemrades,fai cousa dun mes(máis ou menos) fixen unha entrada neste blog onde solicitaba a quén fóse se se podía facer cargo de algúns cachorriños da miña cadela.O caso que,a raíz dun anuncio do supermercado Froiz,conseguino.E, xa,cando tiña o tema olvidado,esta fin de semana entérome,gracias a un dos municipais de Melide,e como non a César e Mónica(Floristería Chelo e Clínica Veterinaria Chelo) , que un deses cachorriños foi atopado só polas rúas do Campo Grande.Despois de varias reclamacións na Radio Municipal ás cales ninguén atendeu,o municipal levouna ó que hai no pobo a modo de "perreira",que anque en principio no Concello non a hai,alomenos déronlle no seu día de estancia alí comida ,bebida e unha caixiña para refuxiarse do frío.Debido a que hai confianza,e xa digo gracias a Moni e César,o municipal chamoume para a veriguar se certamente coñecía á cachorra en cuestión.E claro que era.A tristura invadiume,xa que,¿qué clase de "persoa" ABANDOA un animaliño de 2 meses?E no caso de que fóse extraviado,¿Como se perde un cachorro?...
Pero non só foi eso o que me deu pena,senón que a cadeliña coxeaba dunha das patas de atrás.Era unha pequena inflamación que ,outra vez gracias a Mónica,está en proceso de ser curada cuns anti-inflamatorios.
Paréce unha tontería,ou non,pero só ver a cariña de pena que tiña o animal cando o fun buscar,partía a alma.
A mín,este evento tróuxome á mente o anuncio que se dába pola TV a cerca do abandono de animais nas épocas de vacacións,no que unha familia que ía en coche co seu can,paraba no medio dunha estrada calquera e deixaban o can abandoado por non poder/querer responsabilizarse dél.
Agora (xa o mesmo día que me enterei) , decidín acollela e xuntala coa sua nai e o seu irmán (Musa e Rús) , bautizándoa como Dharma.
Ás veces hai que saber en mans de quén pos unha vida,xa que ben se vé o que pasa.