Pois eso,aquí tedes o capi de onte.Fresquito fresquito.Vou poñer diferentes enlaces xa que últimamente hai algúns que non van moi rápido que se diga.De feio a outra parte de freaknosis plantexouse utilizar o arcaico(é coña,cantas cousas nos ten dado o emule) P2P.
Despois de un mes e medio esperando ....por fin temos á nosa disposición o capítulo 19 da primeira temporada de Heroes.Supoño que a partir de agora non haberá que esperar outra temporadiña para ver outro capitulo desta gran serie.Aquí vos deixo os links:
Por fin,...xa temos á nosa disposición o último capitulo emitido de Lost.Segundo a promos da canle abc é un dos cinco capçitulos impactantes que nos esperan antes da Season Finale,ou sexa,que o último capítulo vai ser a puta caña outra vez.Os subtítulos estarán colgados asap.
Aquí vos deixo unha curiosidade de Lost.É un episodio de Lost,pero de coña.Está feito polos propios actores de Lost para unha especie de feira tecnolóxica que se fai en Las Vegas.A verdade é que está bastante gracioso.
Seguramente o que vou a contarvos agora non é unha novidade,sobretodo para aqueles que leron La Voz de Galicia este domingo pasado.A serie de éxito desta temporada é sen dúbida Heroes(xa que Prison Break é do ano pasado e Lost é de fai dous) ,e anque en españa tan só se está emitindo por algunhas canles autonómicas(Telemadrid), agora está empezando a estenderse máis,de feito a TVG xa firmou a súa compra para ser emitida a partires de Xuño(cando xa esteña rematada a súa primeira temporada en USA).Para mín vai ser unha cousa moi rara o feito de ver a Peter Petrelli,a Claire Bennet,a Sylar e como non a Hiro Nakamura(que crack) falando en galego,anque ó mesmo tempo vaime facer moita.
Para eses cómodos que non queren esperar 3 meses para vela en galego,e non teñen o interese suficiente para vela en inglés subtitulado,aquí lles deixo os links do que se leva emitido en español nas canles que a emiten.
Despois de varios anos sen publicar nada,o australiano afincado en Londres,aparece de novo con novos temas.Esta vez non ven acompañado pola súa banda habitual The Bad Seeds,senón que nos sorprende cunha formación máis reducida(4 membros,él incluído) anque non por eso máis convencional. Nesta ocasión a súa misica ven cunha actitude un pouco máis salvaxe e rockeira recordando ós seus inicios máis "punk",sen deixar de dárlle o seu toque tan persoal,na súa primeira banda chamada The Birthday Party.Mostra delo é o tema co que abre o disco,"Get it On",que é unha voa tarxeta de presentación para desmarcarse,pero non totalmente,do que facía ata agora cos The Bad Seeds.Anque o seu estilo cantando é inconfundible,a transgresión neste álbum ven dáda pola instrumentación,xa que é moito máis dura e sucia. Anque para mín o primeiro corte do disco sería ideal para presentalo,eles elixiron o segundo ,"No Pussy Blues".
A pesar de que hai un cambio palpable(pero non tanto)na dirección que toma este ARTISTA,grandes discos como The Lyre of Orpheus/Abbatoir Blues nos que nos amosou xoias coma "Breathless", ou Murder Ballads no que nos cantaba temas como "Henry Lee" coa sempre interesante PJ Harvey ou "Stargger Lee",seguen estando na nosa memoria como grandes clásicos.
Por todo esto,vos recomendo que lle fagades alomenos unha escoita porque de seguro que non vos vai a deixar indiferentes.Levo varios días sen parar de escoitalo e pareceme un moi bo disco.
*Anque agora non vai acompañado da big band,creo que é obrigatorio recordar como son os concertos de Nick Cave & The Bad Seeds.Aquí tedes o corte #1 do disco Abbatoir Blues(disco dous de The Lyre of Orpheus /Abbatoir Blues-...non son dous discos diferentes)
Por petición da outra metade de Freaknosis,aí vai unha remesiña máis de capitulos en español da serie de moda(non por eso a mellor).Continuando onde quedou na outra entrada,comezamos dende o capítulo 2x11.
*Este é un disco que fixeron pero que non publicaron,senón que editárono en vinilo facendo unhas 25-30 copias.Estas copias foron distribuídas polo propio Billy Corgan entre os seus coleguillas para que o distribuíran gratuítamente pola rede.
Pois aquí vos deixo os enlaces para descargar o capítulos que emitiron onte en U.S.Póñovos varios enlaces ,porque non a todo o mundo lle gusta utilizar os mesmos servidores.
Decidindo que película descargarme para ver pola noite dín con Dark City.Solo me soaba o título porque en varios foros de diferentes webs falaban de que os irmáns Wachowsky(ou algo así),creadores da saga MATRIX, basearan dita saga nesta película.Dende que lín eso,este filme sempre suscitou un profundo interese en mín(probablemente porque as tres de Matrix encantáronme-anque moitos dín que a que vale é a primeira,para mín as tres están bastante ben). Unha vez vista,cheguei á conclusión de que realmente teñen un parecido bastante evidente.Non vou a contar nada,xa que os que teñades en mente mercala ou alugala(ja ja..)-mellor dito baixala- xa ides estar bastante condicionados pola obra dos wachowsky.Está bastante ben,...a mín ,a verdade ,gustoume moito.Cun reparto normaliño(Kieffer Sutherland pre-24,unha noviña jennifer Connely,e un descoñecido-polo menos para mín neste filme-William Hurt) e uns efectos especiais decentes fixeron unha peli ,para min,redonda.
Xa que a semana pasada esquecín colgar un capítulo de Jericho ,pois esta semana ven o segundo,para recompensar.É o capítulo 1x17 - One Man's Terrorist.Podedes descargar os subtítulos neste enlace.
*Xa que cando comecei o blog iniciei a oferta de capítulos sen comezar polo principio agora vos poño,para quen interese, os enlaces de Jericho dende o principio.Evidentemente só poño os enlaces ata o primeiro capitulo que colguei aquí.
Por fin colgo este capítulo que tanto me costou atopar a semana pasada.Debe ser que non está moi solicitada esta serie xa que non vexo moitos sitios onde se colgue.
Esto non ten nada que ver co que aquí se publica habitualmente,pero despois certos acontecementos relacionados co tema que vou a tratar ,case o considero necesario.Refírome a un toque de atención a todos aqueles que,de forma regular ou esporádica ,utilizan(ou utilizamos) o coche de maneira non moi correcta que se diga.Ademáis de polos datos tan alarmantes que nos dan da DXT tódolos días,este "chamamento" ocorreuseme facelo ó ver un video en youtube no que se mostraba unha das moitas formas temerarias de conducir.Esta actividade que ,por se ninguén o lembra, é unha actividade na que se COMPARTE UNHA ESTRADA e non como pensan algúns que é dun só carril e dun so sentido...demencial.O feito de mostrarvos este video ponme nun dilema xa que por un lado dáme a sensación de que lles fago "publicidade" ós autores das imaxes.Anque por outro lado creo que é unha mostra moi evidente da realidade que existe nas nosas estradas.
Este video apareceume en youtube mirando outros videos relacionados coa palabra melide.Supostamente é unha grande parte(debido á velocidade do coche) do tramo Melide-Arzúa durante as festas da feira do queixo no concello veciño.Probablemente foi a altas horas e bueno ,...xa se sabe...
Hoxe,un pouco máis tarde do normal tedes á vosa disposición o último capítulo da segunda temporada desta serie que tanto furor causa,e que para mín non é para tanto. Prison Break 2x22 - SonaSubtítulos