lunes, 20 de julio de 2009

Here comes The Resistance


Despois de medio ano sen dar sinais de vida por estes lares,e seguramente provocando o absoluto desinterés dos poucos lectores que xa tiña este humilde sitio , volvo coas pilas a medio cargar xa que ,xa se sabe, no verán sempre hai moitas cousa ás que atender.Pero a ocasión meréceo.
Xa chega Setembro e con él o album que levo esperando tres anos.Sí,estou falando do album de Muse.Chamarase "The Resistance" .Todo él esta rodeado dun secretismo que por agora aguanta de ser leakeado(filtrado).O curioso do disco non é que saia , que para mín é o importante,senón todo o que armaron os de Devon arredor dél e do que trata.Aquí vou intentar contarvos como foi todo dende o último mes.
Antes de nada dicir que , a diferencia dos anteriores discos , nos que nas xiras anteriores se ían coñecendo os temas , neste disco non se sabe por que lado van nin hai nada filtrado nin nada.

Despois de saber que se titularía "The Resistance" , enterámonos que o disco estaría baseado nas obras de George Orwel 1984,(1949) (recomendadísima) e "The Grand Chessboard"(1997), de Zbigniew Brzezinski,-éste último a punto de estar no meu poder- nos que a temática das conpiracións de governos e a manupilación tanto da información como dos propios seres humanos en prol dunha orde social/xeográfica/política ideada e manexada por poucos.
Este álbum,do que se supón,e digo supón(non o estou afirmando) que será un álbum conceptual levou a un novo nivel o fenómeno HYPE,ou sexa todo o que se refire á promoción en plan brutal . Ademáis de usar todas as tecnoloxías da información para chegar ó máximo de xente posible e da maneira máis inmediata , xogaron,moi intelixentemente , coa expectación que xa había.
Comezaron pola publicación do tracklist do disco .Logo deso,organizaron o que os usuarios de www.muse.mu coñecemos como o Proxecto Eurasia , no que rexistrándonos a modo de recrutamento fomos descifrando os acertixos e anagramas que a banda colgaba no twitter e na sua web dende os seus iPhone para así desbloquear as diferentes fases nas que se divide dito proxecto.Cada fase consistía en seguir unhas instruccións que xunto coas coordenadas exactas había que buscar por cada unha das 6 cidades (París,Berlín,Moscú,Dubai,Tokyo e Hong Kong) un pen drive que contiña unha das seis partes nas que estaba dividida a canción titulada "United States of Eurasia(+Collateral Damage)" ,facendo referencia a Eurasia,que é un dos tres "continentes" nos que se divide o mundo na obra de Orwell.

Aquí podedes escoitar "United States of Eurasia" co "Collateral Damage" que se supón que é a parte que activaron (ou non*) os yankees en NYC.Moi bo o detalle do Nocturno de Chopin ó final da canción.
Seguindo co disco , sábese que o xenio Matt Bellamy , creou unha sinfonía en tres partes chamada Exogenesis(Part I:Overture,Part II:Cross Pollination,Part III:Redemption) que cerra o disco.Esto é algo que moitos estabamos esperando dende fai anos,xa que sabiamos da predilección de Bellamy pola musica clásica,que xa meteu en algún dos seus anteriores discos e directos.

Aquí vos deixo o Tracklist do album "The Resistance"(2009) de Muse:

1. Uprising
2. Resistance
3. Undisclosed Desires
4. The United States of Eurasia (+Collateral Damage)
5. Guiding Light
6. Unnatural Selection
7. MK Ultra
8. I Belong to You (+Mon Coeur S’Ouvre A Ta Voix)
9. Exogenesis : Symphony Part I (Overture)
10. Exogenesis: Symphony Part II (Cross Pollination)
11. Exogenesis: Symphony Part III (Redemption)


Por certo,para velos en directo hay dúas datas en España,Barcelona e Madrid.Para Madrid están agotadas e para Barcelona aínda hai.Esto sería normal se non fose porque os concertos son o 27 e 28 de Novembro.E eu xa teño a entrada mercada dende fai mes,non vaia ser ...