sábado, 24 de noviembre de 2007

OffTopic do mes:..."We have to go Back"





Facendo miñas as palabras de Jack Shephard na última escena do final da 3ª temporada de LOST recordo o que comentamos correndo por Schiphol Airport,tiñamos que voltar.
O ideal sería que comezara polo principio.Primeiro de todo,hai que dicir que en principio este post ía tratar a cerca de Bowie(na seguinte entrada) , e youtubeando un pouco dín cun tema que ,ademáis de encantarme, traeme moitas lembranzas.Estou a falar de "Amsterdam" , que apareceu en diferentes edicións de varios discos(Pin Ups,30th Anniversary Ziggy Stardust,Live at the Beeb,...).O tema contanos a historia dun mariñeiro no port de Amsterdam no que nos reflexa como é a cidade chea de alcol , mulleres , decandecia , ...
Coa escoita deste temazo ,véuseme á cabeza a viaxe que fai un pouco máis de 2 anos fixemos á capital holandesa Xaquín,Txemita e máis eu.
Alá por mediados de Setembro de 2005 partimos dende Avilés ,onde pasamos parte da mañá, cara Londres onde fixemos escala para voar a Amsterdam.Entre as horas (poucas,a verdade) que había entre voos e a duración dos mesmos pasamos o día movéndonos(tendo en conta que fomos ata Avilés en coche).
Xa, en Amsterdam e de noite,collimos un taxi dende Damrak Straat cara Zaandam(Zaanstad-ó norte de Amsterdam) que nos levou ó Hotel Formule 1,que para os que eramos(por número ,digo) chegounos de sobra.Hai que dicir que antes de ir para o hotel non esquecimos facer a nosa primeira incursión na noite amsterdamesa.
O primeiro día oficial na cidade foi algo raro xa que non sabiamos moi ben por onde comezar.Entre a cantidade de cousas que podiamos facer e a ansia por facelas adicámonos a deambular pola cidade sen rumbo fixo vendo todo e non vendo nada.
Unha vez inmersos no día a día ,e na noite a noite, da cidade decidimos facer realidade algúns dos plans que tiñamos previsto.Plans como alugar unha bicicleta e disfrutar da completísima e segura rede de carrís-bici ,que nos últimos anos converteuse nun dos reclamos turísticos máis importantes,xa que permite ó viaxeiro unha maior libertade á hora de moverse polas rúas prescindindo do trasporte público,que tamén é outra opción máis que válida.Hai que dicir que o día que alugamos as bicis déu para facer visitas que estaban un pouco a desmán anque planificadas,ademáis de moitas anécdotas que quedarán na nosa memoria.
O último día de estancia no Formule 1 decidimos facer unha visita ó nucleo urbán no que estabamos aloxados.Zaandam é un pobo a uns poucos kilómetros da capital.Hai que dicir que nos cadrou moi ben xa que bastante preto deste pobo está Zaanse Schans ,que é un recinto no que se pode ver a arquitectura,agricultura e gandeiría máis tradicional de Holanda.

O cambio de estancia no que pasamos do "Formule 1" ó "The Flying Pig",foi crucial á hora de afrontar os días.Primeiro,porque non tiñamos que coller ningún bus para ir durmir,e segundo,porque os ratos de ocio típico da cidade levados a cabo dentro do hostel non eran motivo de expulsión por parte dos xerentes do "Flying",cousa que favorece e fai máis agradable a estancia alí.
Como en toda viaxe,houbo moitas das cousas planificadas que non se levaron a cabo,xa sexa por falta de tempo ou porque nese momento non o pide o corpo.Eso pasounos coa visita ó Museo de Rembrandt,ou á Casa-Museo de Anne Frank(unha pena este último) no que pola non proximidade do mesmo ,e pola enorme cola que tiña á entrada respectivamente,decidimos non visitar.

Nos últimos días,decidimos coñecer,anque só fose por vela a grandes rasgos,outra cidade das máis emblemáticas de
Holanda.Rotterdam foi o destino elexido por diversos motivos.Un deles era que como a cidade foi reconstruída despois dos bombardeos sufridos no 1940 tiñamos claro que iamos ver edificacións bastante modernas,anque o que máis nos chamaba a atención era ver o porto , considerado o máis grande do mundo.
Ademáis,fixemos ,gracias á inestimable atención do punto de Información Turística onde dependendo do que queriamos ver dábannos indicacións para facer a visita un pouco máis personalizada,diferentes visitas cun grao de interese bastante alto.Como exemplo desto a rutiña que decidimos facer tiña como parada obrigatoria a rúa "Witte de Withstraat" que estaba plagada de tendas de discos onde, por certo , adquirín dous dos meus pilares musicais nos últimos anos,o "OK Computer" de Radiohead e o "Origin of Symmetry" de Muse.
Como curiosidade desta cidade teño que dicir que a cantidade de coffeeshops era infinitamente inferior á de Amsterdam.Cando un se ve nesa cidade rapidamente dáse conta de que non toda Holanda é como Amsterdam,alomenos no que se relaciona ó ocio(con todas as súas acepcións).
Chegado o último fin de semana na cidade decidimos disfrutalo sen ningún tipo de presa paseando polas rúas,pasando ratos mortos na Praza Dam,ou facendo "shopping" por mercadillos ó longo da cidade.Mercadillos,como o "Flea Market" ou o mercado das flores onde adquirimos bastantes exemplares da flor máis típica do país,o tulipán.Anque gran parte do desfrute da fin de semana foi a propia estancia no "Flying",porque ademáis de ter unha situación privilexiada dentro da zona Centruum,ten unha morea de servicios adicionais ó propio servicio de aloxamento que fan da estancia unha experiencia de por sí(non me pagan nada por facerlles publicidade,simplemente é que quedei maravillado).Evidentemente,tamén ten a súa parte negativa,xa que se sodes dos que calquera ruído ou o mero feito de compartir a habitación con xente descoñecida vos molesta , alí ídelo pasar mal,xa que ademáis os xoves no pub/bar/chill out/ciber do propio hostel facíase unha especie de festa ata as 5 da mañá...así que imaxinade...
Despois de toda a info que vos estou a dár,é inevitable que vos fale do que máis turistas atrae ó cabo do ano.Falo dos archicoñecidos Coffeeshops,onde poderedes catar diferentes substancias derivadas do Cannabis,como o hachís ou a marihuana con diferentes calidades e procedencias.Todo esto regulado polo goberno e distribuído por estes locais onde ademáis de vender,pódese consumir.Claro está que é un negocio máis.Mostra disto é a cantidade enorme de "cofis" que se ven ó longo da capital.Tanto é así que ata hai cadeas de coffeshops,como unha das máis míticas,o Bulldog,que só na zona do Red Light District(o Barrio Roxo) teñen tres,sendo o "The First Bulldog" o primeiro,e un dos locales máis famosos da cidade.Hainos de tódalas temáticas,anque unha vez alí rómpese o mito que relaciona coffeeshop con "rollito Reggae" , xa que nin abundaban tanto,nin os que había eran unha pasada,máis ben todo o contrario.Así agora de memoria podería recordar varios coffes que me quedaron gravados:Route 66,Blues Brothers,Kadinsky,Bulldog,...
Algo que nos gustou bastante,sen ser uns amantes do turismo cultural (alomenos eu prefiro o turismo urbano), foi a visita ó Museum Plein,que é unha especie de praza enorme con unha esplanada de céspede,onde están situados os dous museos máis impotantes do país.O Van Gogh Museum e o Rijksmuseum.O primeiro é o museo onde está a obra de Vincent Van Gogh,tanto cadros e debuxos como as cartas que lle enviaba ó seu irmán.O segundo é un edificio recén reconstruído(parte da reconstrucción coindidiu coa nosa estancia alí) no que se gardan obras de todo tipo relacionadas coa historia de Holanda.
Seguro que vos podería falar de máis cousas que se poden facer en Amsterdam,pero...¿qué vos quedaría a vós?
Pois eso,que Holanda,e máis concretamente Amsterdam,é un lugar maravilloso para visitar entre outras cousas porque o ambiente xuvenil que se "respira" é impresionante e recoméndolle a todo o mundo que lle guste viaxar que se pase uns días por alí.
Como nexo entre esta entrada e a que vai ser a seguinte,aquí vos deixo un video creado por un usuario de Youtube no que se ven imaxes de Amsterdam coa banda sonora do camaleón.

jueves, 22 de noviembre de 2007

Lost , The missing Pieces

Xa que ata Febreiro non imos ter nada da tan ansiada temporada de Lost,os productores axúdannos a levar este "mono" cunha certa tranquilidade coa posibilidade de ver os "Mobisodes" na rede.Estes mini episodios teñen unha duración de entre 2 e 3 minutos nos que vannos enchendo vacíos na historia(a verdade non esclarecen nada pero son entretidos) dos supervivintes tanto na illa coma fóra dela.Os tres primeiros,que son os únicos que hai de momento tratan sobre Jack e a relación co seu pai,sobre Hurley e a sua escapadiña con Libby á praia,e sobre **a estancia de Jack cos "Others" en "villaotros".
Aquí vólos deixo para que pasedes uns minutos vendo cousa nova(breve,pero nova) da nosa(ou polo menos a miña) serie favorita.

Lost,The Missing Pieces #1 THE WATCH

Lost,The Missing Pieces #2 THE ADVENTURES OF HURLEY AND FROGURT

Lost,The Missing Pieces #3 KING OF THE CASTLE

**Este último é un screener grabado dun mobil.Vale para ver perfectamente.

Por certo,van a ser 13 episodios.Hai que aclarar que esto non son escenas eliminadas nin nada que se lle pareza.

Tamén,anque para os que visitamos www.lostzilla.net non é novo, hai unha entrevista con Henry Ian Cusick(Desmond) que foi feita por xente de Lostzilla no que descubrimos cousas interesantes deste actor e algunha cousiña(non spoiler) da cuarta temporada.Como curiosidade desta entrevista na que solo hai o audio hai que dicir que o actor de orixe escocés e irlandés ten un español bastante bo.Aquí tedes o saúdo de Henry á web.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Regaliños Visuais


Aínda que o Nadal está ó caer,algúns grupos xa empezan a facer regaliños nas súas webs,xa sexan videos de concertos,temas inéditos ou videos de como tocan os seus temas no estudio.No caso de Radiohead,a banda británica que ademáis de dárlle unha volta de torca máis á industria da musica e por enriba sacarlle os beneficios que está a sacar(máis de 9 millóns de euros sen rendir ningún tipo de contas a ningún intermediario),agora amósannos doutra maneira máis básica os seus temas tocados en directo no estudio ou simplemente cunha guitarra no medio dun prado.Evidentemente é coincidencia,pero non podo negar que me fixo ilusión que o día que publicaron esto na súa web foi o día do meu cumpleanos.
Aquí vos deixo estes videos que cada un deles teñen a súa peculiaridade.

Jigsaw Falling into Place

Reckoner

Faust Arp

Unravel(versión de Bjork)

Bodysnatchers


Son xeniales...

"Heroes" ,moi ó meu pesar


Por petición dun usuario deste blog ,aquí vos vai unha recua capítulos que non foron aínda colgados e que son os seguintes ós que anteriormente colguei da serie Heroes ,que eu deixei de ver despois do descontento que xenerou en min o fin da primeira temporada.Agora parece que o tempo me quere dar a razón cando eu dicía que acabou moi mal e que fixera que eu perdera o interese que tiña polo show,xa que o suposto spin-off que ía ter a serie,Heroes Origins, xa se cancelou debido á baixada de audiencia da serie,e incluso comentase dunha reducción de capítulos nesta temporada.
É igual,aquí vos deixo os capis parta que fagades con eles o que queirades.

Heroes 2x03 - Kindred 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x04 - The Kindness of Strangers 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x05 - Fight or Fight 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x06 - The Line 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x07 - Out of Time 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x08 - Four Months Ago 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x09 - Cautionary Tales 1 2 3 4 Subt

martes, 13 de noviembre de 2007

The H.a.a.r.p. Tour :Live From Wembley


Toca facer caixa,eso é evidente,pero polo menos faise cun pouco de calidade que nestes tempos xa é máis que plausible.Estoume referindo a MUSE e á publuicación do DVD/CD dos concertos que a banda de Teignmouth,Devon(England)déron no novo Estadio de Wembley o pasado mes de Xuño.Ademáis de colgar o cartel de "sold out" e crear unha chea de expectativas sobre como ía ser o evento, volveron a marcar de novo unha diferencia que cada vez é máis evidente.

O nome de dito DVD/CD, The H.a.a.r.p. Tour fai referencia ó proxecto H.a.a.r.p.,que é un proxecto que levan a cabo as forzas aéreas dos USA utilizando unha especie de antenas que emiten ondas a ionosfera e que teñen por obxectivo ... Realmente non se sabe cales son os fins de dito proxecto,fálase de arma xeofísica,control do clima,control mental,... Se tedes un certo interese por esto pinchade aquí*.
Se léstedes o link xa podedes ver que está moi relacionado coa temática das teorías da conspiración que está omnipresente nas líricas de MUSE.

Volvendo ó DVD,está prevista a súa saída no mes de Decembro(aínda non hai data confirmada).Éste conterá un documental sobre os concertos de Wembley e un deles case íntegro,no que poderemos ver o despregue de medios que houbo tendo como resultado unha noite inolvidable para os asistentes.Tamén se dí que traerá como contido extra actuacións pertencentes á mini-xira por grandes recintos(Parc des Princes en Francia , Madison Square Garden USA,...)anque podería traer tamén,e esto é o que eu penso,parte das actuacións no festival que se celebra en Australia chamado Big Day Out e que recorre as suas cidades mais importantes ,no que este ano foron os cabezas indiscutibles do cartel.Digo esto porque despois de que alguén colgara no Youtube as imaxes que se emitían polas pantallas(probablemente alguén que tiña acceso á gravación de video durante o festival),inmediatamente foron borradas por temas do copyright,cousa que non soe suceder con outras de outros concertos.
O caso é que vai ser editado en tres formatos diferentes CD/DVD (edición tradicional),DVD , CD/DVD (Edición especial con postais e nunha caixa de luxo).Eu posiblemente pique no CD/DVD.
Esta banda ,xa dende o segundo álbum ("Origin of Symmetry",2001),tivo a costume (que mal sona esto) de sacar un DVD en directo da súa correspondente xira.No caso do "Origin..." sacaron o "Hullabaloo" que foi un concerto gravado na sala "Le Zenith" en Paris no 2001 , no que amosan a forza que tiñan xa daquela en directo.
Co seu terceiro álbum de estudio ("Absolution",2003),ascendeu a súa popularidade ,xa non só polo gran disco que fixeran , senón porque aínda confirmaron máis a súa impresionante contundencia e forza nos concertos.Nesta xira foi onde os vín por primeira vez(Donosti,Velódromo de Anoeta 20/03/04) e confirmoo.Desta xira editaron o DVD do concerto que déran en Glastonbury Festival 2004("Absolution Tour",2005) onde subiron o chanzo que os coronou como unha das mellores bandas de rock en directo do momento.Tan só lle poño unha pega a este DVD,xa que as imaxes son as que BBC3 emitiu durante o festival e ,dende o meu punto de vista utilizan demasiado os planos cortos e apenas se ven planos xerais onde se vé a banda ó completo tocando de cerca.Aínda así é altamente recomendable.
Agora,despois dunha longa xira sen descansos por todo o mundo amosándonos o seu traballo "Black Holes and Revelations"(2006) ,volven a ofertarnos unha xoia(perdón pola miña máis que evidente subxectividade) que vai mostrar como é ese tour que tan boa crítica está a colleitar.

Como adianto do DVD aí vos vai un video, cunha calidade bastante boa para ser gravado polo público,do tema "Blackout" de Absolution , coa coreografía de duas bailarinas colgadas de globos ó ritmo da canción.

viernes, 9 de noviembre de 2007

¿A folga de guionistas de Hollywood afectará a Lost?



De todos é sabido que hai unha folga dOs guionistas en Hollywood.Probablemente a curto prazo nós ,o usuario final destes productos televisivos, non o imos notar ata ben entrado o ano 2008.Estas previsións son moi volátiles , xa que, ó non saber a duración de dita folga, ésta poderíase estender moito máis.Nunha entrevista a Carlton Cuse,un dos productores xunto con Damon Lindelof de LOST, éste asegura,entre outras cousas que a él non lle gustaría emitir no prazo previsto o material que xa teñen gravado sen deixar cerrada a temporada.
A grandes rasgos,a folga dos guionistas baséase na intención de éstes De cobrar os "beneficios residuais" que se derivan do uso dos seus productos en novas(ou non tan novas) plataformas como Internet,os DVD's ou os dispositivos móviles(mp4,telefonos móviles,...) .Anque os precedentes que ten esta folga(refírome á folga de escritores no 2001 e á de actores no 2004) non son demasiado substanciais,ésta pode ocasionar algún cambio no calendario de moitas series que seguimos.
O caso que a nós máis nos afecta(polo menos a min)é LOST,xa que da cuarta temporada só hai rematados 8 capítulos,ou sexa dous meses de serie.O dilema dos productores e executivos da cadea de tv que a emite (ABC) ,é que non saben se emitir o que hai feito tendo a esperanza de que a folga esté rematada antes de rematar os 8 capítulos e polo tanto continuar,cousa que consideran arriscada, ou pola contra de esperar a que remate a folga e por conseguinte rematar os outros 8 capítulos que lles quedan.Sé se déra o segundo caso o máis probable é que a emisión desta cuarta temporada quedaría aprazada para a a temporada 2008-2009 (só de pensalo vaime mal).
Polo tanto,tendo en conta esta información,eu lanzo unha preguntiña:
"Tendo como referente ,relativamente cercano no tempo,o parón que fixo a serie entre o capítulo 3x06 e o 3x07 de 3 meses e medio,¿que credes vós que deberían facer?¿Emitir o que teñen feito(8 capítulos) e deixarnos co mel nos labios durante un período de tempo non determinado?¿ou esperar a que rematen de gravar toda a temporada e emitila toda de un tirón?"

Aquí vos deixo o video no que Damon Lindelof(Lost) e Marc Cherry(Desperates Housewives) exercendo de piquetes nas portas da ABC.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

28 Weeks Later


Onte,por fin,vín este filme de Juan Carlos Fresnadillo que tomou o testigo de Danny Boyle despois de dirixir a súa predecesora "28 Days Later".Cun reparto non demasiado atractivo(Robert Carlyle-o de Full Monty-,Catherine McCormack,...),a priori,o director canario consegue manter a mesma tensión que se respiraba na cinta de Boyle.
Continuando a historia cun salto no tempo de seis meses vemos como Gran Bretaña volve estar a punto do caos cando xa pensaban que o virus causante do desastre estaba erradicado.
Xa,dende o meu punto de vista, podo destacar cousas que a min persoalmente me conquistan.O feito de que se vexa un Londres desolador e diferente ó que estamos acostumados(refírome ó Londres máis comercial con Hugh Grant ,Colin Firth , Bridget Jones,...) a ver é un alivio(esto tráeme á memoria "Children of Men") . Unhas das cousas que non sei como tomarme é a supremacía militar dos USA en todo o proceso de reconstrucción da Great Britain,xa que tanto se podería tomar como unha realidade sen máis ou como unha crítica...non o sei.
Por último,e esto é solo para os que a viron, ¿que pensades do final?

Ós que non vístendes ningún dos dous filmes recoméndovolos xa.

Aquí vos deixo os links para que poidades disfrutala:
1 2 3 4 5 6 7 8

martes, 6 de noviembre de 2007

As miñas 20 series favoritas



Continuando este topic que lanzou Marcus e que despois continuou David(Intramuros) vou dár unha lista sen ningunha orde preestablecida das series que máis me gustaron(moitas hai que encadralas no seu contexto espacio-temporal) e me gustan da TV.

-Lost
-Twin Peaks
-Expediente X
-Carnivale
-The IT Crowd
-Prison Break(sólo a 1ª temp. , e aínda así prescindiría de 8-10 capítulos)
-Heroes
-Friends
-Doctor en Alaska(que serían os veráns de fai anos sen a emisión de case-madrugada na 2 desta serie)
-Los Simpson
-Futurama
-Sigue Soñando(Dream on)
-My Life in Film
-Aída
-Matrimonio con Hijos(a de Al Bandy)
-Murphy Brown
-Cheers
-John Doe(cunha recta final un tanto decepcionante)
-Me Llamo Earl
-A dos metros bajo tierra

Seguro que me quedan moitas das que non me lembro.Moitas que nos 80's me gustaron pero que non foron capaces de tolerar o paso do tempo cun pouco de bo gusto.

viernes, 2 de noviembre de 2007

The IT Crowd , "....BRILLIANT"


Moitos non sabedes de que estou a falar,e outros estades máis que cansos de oír falar dela ou incluso de vela.O tema é que dende a semana pasada estou enganchadísimo a unha serie que me pasou o xefe de Intramuros e que a verdade está caralluda.A serie que se podería traducir como "a peña de IT"( IT:Information Technologies Dept.) e trata de dous frikis/informáticos que traballan nunha empresa de Londres nun departamento que non está en moi boa consideración dentro da mesma.(a info típica da serie podedela atopar AQUI) .O bo desta serie de producción brit é que fai un humor moi fresco que sobre todo ten a sua base nos usuarios medios da informatica e nos aficionados ó cine ,á música,ós comic , ...ou sexa ó frikismo en xeral.
A serie consta de dúas temporadas de seis capítulos cada unha.Foi estreada no 2006 tendo bastante éxito no Channel 4(creo que un dos canais máis interesantes da SkyTV alá na Inglaterra,...Fiz corrobórao).

O malo de todo esto é que as garras da industria americana xa ten mercados os dereitos de dita serie e xa están gravando os capítulos.Dentro de esta mala noticia ,hai que dicir que polo menos manteñen a un dos actores da serie inicial e ó personaxe,para mín,máis divertido , pero non o único.Falo de Richard Ayoade,máis coñecido coma Maurice Moss,ou Moss.

Ésta é a cabeceira da serie,...non é nada friki...



Esta é unha foto do reparto da versión orixinal

e ésta é unha da versíón americana