viernes, 3 de agosto de 2007

Offtopic do verán:Things are changing

Como é de costume, tódolos meses(ou case todos) vaise adicando unha entrada a algo que non ten moito que ver coa tónica habitual do blog.Neste caso ,falarei dunha xestión que nos últimos días levou a cabo o Concello de Melide.Refírome a unha das cousas que moitos estabamos a esperar dende fai moitos anos,o cambio de nome dalgunhas da rúas da nosa vila que seguían ,ata agora, mantendo os nomes que na época escura da dictadura franquista lle déron.A verdade é que tan só sei que o nome da miña rúa , a antiga Evaristo Martín Freire . Agora chamarase Rúa de Alexandre Bóveda.Alégrame moito que sacaran ese nome,xa que non deixan de ser reminiscencias de unha época da cal unha grande maioría(ou non tan grande) se sente avergoñada.Supoño que non será a única que cambiaron,xa que hai outras que son máis dolorosas(General Franco,...esa é que me mata) .
Está claro que era algo que tiña que suceder,xa que se en lugares moito máis vinculados á dictadura coma Ferrol,entre outros, quitaron figuras representativas do franquismo e cambiaron nomes de rúas...por que aquí non?

Para saber quen era Evaristo Martín Freire,deixovos este enlace no que poderedes coñecer a ese "personaxe"(tómese no sentido que se queira).

...Por fín...

miércoles, 1 de agosto de 2007

Filme para ver un día de verán pola noite


O filme en cuestión é Encontros na Terceira Fase(Close Encounters of the Third Kind),de Spielberg.Fai moitos anos que non vexo este filme,pero si recordo que me gustou moito.Espero que non me pase coma con moitos filmes que fai anos me gustaron e que anos despois me pareceron unha pena.A ver que sucede con este.Aquí vos quedan os enlaces:

enlace 1 enlace 2 enlace 3 enlace 4 enlace 5 enlace 6 enlace 7 enlace 8

password para a descompresión: jeimily_para_vagos.es

Xa sabedes como vai a historia.Descomprimides a primeira parte e xa vos queda o arquivo completo.

Disfrutádea...

Discos para o verán(que xa vai a metade alá)



Xa que "lorenzo" se asomou a semana pasada polas nosas terras para alegrarnos as vidas,pois eu vou facer o propio dándovos uns pouquiños discos que nesta época soan mellor polo aquel da calor e o sol e a praia,...
Franz Ferdinand_Franz Ferdinand(2004) ...Un disco que ,indudablemente ,xa é un clásico do século XXI.
The Smashing Pumpkins_Live at Rock am Ring 2007(Germany) A volta das calabazas esnaquizadas foi un dos acontecementos musicais do verán,este directo é a proba.
Manic Street Preachers_Send Away the Tigers(2007)
The Bravery_The Sun and the Moon
Queens of the Stone Age_Era Vulgaris(2007)

A ver se vou colgando algo máis ó longo do verán.


Disfrutadeos...